A Consellería de Educación vén de publicar os prazos e as instrucións para a solicitude de admisión nas distintas modalidades de Formación Profesional para o curso 2025/2026.
Tanto para ciclos da oferta ordinaria, modular ou dual intensiva como para os cursos de especialización, xa se atopan dispoñibles os calendarios oficiais, cos períodos de presentación de solicitudes, adxudicacións e matrícula.
Toda a información está dispoñible na páxina oficial da Consellería, onde se poden consultar os documentos correspondentes e realizar os trámites:
🔗 Acceso á información e trámites de admisión en FP – Xunta de Galicia

