Infórmase ás familias de que a Consellería de Educación vén de publicar as convocatorias dos Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico e dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2024/2025. Estes premios teñen como obxectivo recoñecer o esforzo, a dedicación e os resultados acadados polo alumnado con mellor expediente académico da comunidade galega.
Concederanse ata 20 premios por etapa, cunha dotación económica de 1.000 euros por persoa galardoada.
Nos seguintes documentos pódese consultar toda a información relativa aos requisitos, prazos, datas das probas, contidos, procedementos de inscrición e presentación de solicitudes:

