IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

PREGUNTAS FRECUENTES FORMACIÓN A DISTANCIA

Como accedo á aula virtual?

A aplicación oficial da FP a distancia é a aula virtual: https://fpadistancia.edu.xunta.gal

Podes acceder co teu usuario e contrasinal, que son os mesmos que empregaches na aplicación de admisión: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

Se tes problemas ou non lembras o teu usuario ou contrasinal, podes seguir as indicacións da aplicación de xestión de usuarios: https://www.edu.xunta.gal/contausuario/. Alí atoparás explicacións suficientes para resolver calquera situación; adícalle tempo a lelas con calma.

Se aínda así non consegues entrar, consulta a guía para recuperar ou modificar o contrasinal.

Teño que formalizar a matrícula?

Se aínda non o fixeches, debes vir ao centro durante o mes de setembro, de 09:00 a 14:00 h, e entregar esta documentación:

  • Título co que accedes ao ciclo Orixinal e copia
  • Dúas fotografías tipo DNI
  • Formulario de matrícula cuberto Tamén podes solicitalo en conserxería
  • Xustificante do pagamento do seguro escolar 1,12 € nunha oficina de ABANCA, na conta ES51-2080-5478-8830-4010-2812 (Seg. Esc.). Non o teñen que pagar as persoas de 28 anos ou máis

Se o curso pasado xa entregaches toda a documentación, só é preciso achegar o xustificante do pagamento do seguro escolar.

Se non podes vir ao centro, podes autorizar outra persoa para que faga o trámite no teu nome.

Non podo acudir á presentación do 9 de setembro, como me informo?

A presentación non era obrigatoria. O importante agora é activar o teu acceso á aula virtual de FP a distancia: alí poderás consultar as instrucións da túa titora e contactar con ela e co resto do equipo docente.

Cando comezan as clases ou titorías presenciais?

As clases ou titorías presenciais comezan a semana do 21 de setembro. A túa titora informarate dos horarios a través da aula virtual.

As clases ou titorías presenciais son obrigatorias?

Non, as sesións presenciais son optativas.

Os exames son presenciais?

Si, os exames son presenciais. Normalmente, ao final de cada trimestre hai exame de todos os módulos, e en xuño realízase o exame final, que permite recuperar os tres trimestres.

Cando empeza o Curso de Especialización en Posicionamento Web SEO/SEM?

O curso de especialización comeza o 21 de outubro de 2026. A semana anterior celebrarase unha reunión informativa.

Teño dúbidas sobre a matrícula da FCT, a exención da FCT ou as validacións de módulos

Tes máis información e os formularios na sección Admisión FP da nosa web. Para máis detalles, contacta coa túa titora.