Quedaron prazas liberadas no curso de especialización en Posicionamento en buscadores (SEM/SEO) e comunicación en redes sociais. As persoas interesadas poden vir matricularse directamente ao centro, achegando a documentación que se indica a continuación.
Matrícula presencial no centro
De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, na secretaría do IES Luís Seoane.
Documentación que hai que achegar
- Formulario de matrícula cuberto Pódese descargar no impreso anexo I ou pedir en conserxería
- Orixinal e copia do DNI
- Dúas fotografías tamaño carné
- Orixinal e copia do título co que se accede ao ciclo
- Xustificante do pagamento do seguro escolar, 1,12 € Agás as persoas maiores de 28 anos. Por transferencia ou ingreso nunha oficina de ABANCA á conta ES51 2080 5478 8830 4010 2812, indicando «Seg. Esc.» e o nome do alumno ou alumna
Consultar o listado de prazas liberadas
As prazas cóbrense por orde de presentación da documentación completa, ata esgotar as vacantes.

