IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

ERASMUS + EDUCACIÓN ESCOLAR

ACREDITACIÓN

En febreiro de 2023, o IES Luís Seoane recibe a Acreditación Erasmus no ámbito da educación escolar para o período 2023-2027 -primeiro centro educativo da cidade que o consegue, logo de desapareceren os Erasmus+ tradicionais.

Esta acreditación implica financiamento para mobilidades de curta e longa duración para alumnado e profesorado de ESO e Bacharelato, así como a posibilidade de recibir expertos, alumnado e profesorado, da UE.

Estas mobilidades implican o aumento de competencias e o establecemento de relacións que van moito máis alá, ao seren moitas veces as familias as acolledoras, como soporte fundamental destes programas.

erasmus ies luis seoane

COORDINADORA

Belén Vázquez Álvarez

Telf. 986857860

m.belenvazquez@edu.xunta.gal