IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

Homologación do Título de CS de Transporte e Loxística co de “Xestor de Transporte”

Publicamos as instrucións para solicitar o título de Xestor de Transporte:

Deberán presentar unha solicitude a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, utilizando o procedemento xenérico PR004A e dirixido á Dirección Xeral de Mobilidade, na que indiquen que solicitan a convalidación do Título de FP de Técnico Superior de Transporte e Loxística co Certificado de Competencia Profesional para o Transporte por Estrada e a súa inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades do Transporte.

Xunto coa solicitude deberán achegar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI.
  • Copia da Certificación Académica (Ciclo formativo de Loxística e Transporte).
  • Xustificante do abono das Taxas. A contía para pagar das taxas é para este ano 23,18 € por cada título solicitado (23,18 € polo de Mercadorías e 23,18 € polo de Viaxeiros).

A autoliquidación das taxas pódese realizar de forma electrónica ou presencial.

O pago desta taxa poderá facelo, a través da  Oficina Virtual Tributaria  da Axencia Tributaria de Galicia:

  • De forma electrónica, introducindo os datos da taxa e efectuando o pago
  • De forma presencial, obtendo un modelo en branco para cubrilo en papel ou ben introducindo os datos da taxa na aplicación e imprimindo posteriormente.

A ligazón para realizar o pago a través da Oficina Virtual Tributaria é a siguiente:

Atriga

Os códigos para cubrir no modelo de autoliquidación das taxas son: 

▪ Consellería de: Presidencia, Xustiza e Deportes; código 04

▪ Delegación: Servizos Centrais; código 13

▪ Servizo de: Mobilidade; código 26

▪ Taxa: 310106

Deberán indicar o lugar onde desexen recoller o título, que ben poderá ser nas Xefaturas Territoriais (A Coruña, Lugo, Ourense ou Pontevedra) ou en Santiago de Compostela na Dirección Xeral de Mobilidade.