O IES Luís Seoane ofrece un novo Curso de Especialización en Posicionamento SEM/SEO e Comunicacións en Redes Sociais, pensado para quen queira dominar o marketing dixital actual: desde a estratexia ata as ferramentas, os contidos e a comunicación.
💡 Un curso completo, práctico e conectado coa realidade das empresas.
📅 Comezo: novembro
🧑💻 Modalidade: 100% a distancia pero con actividades prácticas semanais
A través dunha aula virtual, o alumnado poderá acceder aos contidos, realizar tarefas e comunicarse cos docentes dun xeito flexible e adaptado ao seu ritmo.
🧰 Que aprenderás?
O curso está deseñado cun enfoque eminentemente práctico, e inclúe 180 horas de prácticas en empresa para aplicar os coñecementos adquiridos nun contorno real.
Os módulos que compoñen o curso son:
- 5110. Estratexia dixital básica
- 5111. Xestión do posicionamento e comunicación online
- 5112. Posicionamento orgánico en buscadores (SEO)
- 5113. Posicionamento de pago en buscadores (SEM)
- 5114. Comunicación en redes sociais
ℹ️ Máis información e requisitos de acceso: ENLACE
📌 IMPORTANTE: As persoas que non cumpran os requisitos de acceso poderán matricularse a partir do 22 de xullo, sempre que queden prazas dispoñibles.

