IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

Criterios de selección para mobilidades de longa duración

Desde o IES Luís Seoane iniciamos o proceso de selección do alumnado que formará parte da mobilidade de longa duración do curso 24-25 baixo o programa Erasmus+ no que o IES Luís Seoane está inmerso. Esta mobilidade será ofertada ao alumnado que durante o vindeiro curso académico 2024/2025 cursará 1º de bacharelato. Terá unha duración dun mes durante primeiro trimestre do curso no instituto de educación secundaria IX Liceum OgólnokstalcaÇe z Oddzialami Dwujezycznymi de Rzeszów, Polonia.

Durante este mes, o alumnado seleccionado vivirá cunha familia local, o cal facilita a súa integración nesa cultura e país. Co fin de facer esta integración máis doada, estes alumnos recibirán unha formación cultural previa no instituto. Asemade, o alumnado asistirá a diario ao instituto onde cursará todas as materias en inglés, algunhas das cales forman parte do bacharelato internacional. O profesorado destas materias emitirá un informe final onde avaliará o seu desempeño académico así como a consecución das competencias clave. Posteriormente, haberá tamén unha mención á participación neste programa no expendiente académico do alumnado participante.

Compre mencionar tamén que todos os gastos derivados desta mobilidade están financiados na súa totalidade polo programa Erasmus+.

O alumnado interesado en participar nesta mobilidade deberá superar un proceso de selección que consta de varias fases. Co fin de garantir a transparencia do proceso, a continuación figuran os criterios de selección. Os resultados do proceso publicaranse nesta misma páxina web.