IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

Criterios de selección para mobilidades de longa duración: Scandiano, Italia (2026-2027)

Continuando coa experiencia dos últimos tres anos, desde o IES Luís Seoane iniciamos o proceso de selección do alumnado que formará parte da mobilidade de longa duración do curso 2026-2027 baixo o programa Erasmus+. Esta mobilidade é ofertada ao alumnado que durante o presente curso académico 2026/2027 cursa 1º de bacharelato no noso centro. Terá unha duración dun mes ao comezo do segundo trimestre do curso no instituto de educación secundaria Piero Gobetti de Scandiano (Italia), repetindo así o gran éxito da experiencia do ano pasado.

Durante este mes, o alumnado seleccionado vivirá cunha familia local, o cal facilita a súa integración nesa cultura e país. Co fin de facer esta integración máis doada, estes alumnos recibirán unha formación cultural previa no instituto. Asemade, o alumnado asistirá a diario ao instituto onde cursará todas as materias en inglés, algunhas das cales forman parte do bacharelato internacional. O profesorado destas materias emitirá un informe final onde avaliará o seu desempeño académico así como a consecución das competencias clave. Posteriormente, haberá tamén unha mención á participación neste programa no expendiente académico do alumnado participante.

Compre mencionar tamén que todos os gastos derivados desta mobilidade están financiados na súa totalidade polo programa Erasmus+.

É importante lembrar que o alumnado seleccionado terá a obriga de acoller no seu domicilio ao alumnado do instituto italiano que virá a cursar estudios en análogas condicións durante os meses de outubro e novembro.

O alumnado interesado en participar nesta mobilidade deberá superar un proceso de selección que consta de varias fases. Co fin de garantir a transparencia do proceso, a continuación figuran os criterios de selección. Os resultados do proceso publicaranse nesta misma páxina web. 

 

IES Luis Seoane