IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

Criterios de selección para mobilidades de curta duración 2024-2025

Desde o IES Luís Seoane iniciamos o proceso de selección do alumnado que formará parte da mobilidade de curta duración do curso 24-25 baixo o programa Erasmus+ no que o IES Luís Seoane está inmerso. Esta mobilidade será ofertada ao alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato no presente curso académico 2024/2025. As mobilidades confirmadas terán lugar:

  • Buzau (Rumania) do 24 ao 30 de novembro para o alumnado de 1º de bacharelato.
  • La Spezia (Italia) do 16 ao 22 de febreiro para o alumnado de 3º da ESO.
  • Recibiremos na nosa escola ao alumnado destes dous países do 9 ao 16 de marzo.

Queda por confirmar unha última mobilidade destinada ao alumado de 4º da ESO

O obxectivo destas mobilidades é brindar ao noso alumnado unha experiencia enriquecedora, que combina a aprendizaxe académica coa inmersión cultural. Este curso o tema que articule as nosas mobilidades será “Scanning Heritage; Looking through the Ages”.

Cómpre mencionar tamén que todos os gastos derivados destas mobilidades están financiados na súa totalidade polo programa Erasmus+.

O alumnado interesado en participar nestas mobilidades deberá superar un proceso de selección. Co fin de garantir a transparencia do proceso, a continuación figuran os criterios de selección. Os resultados do proceso publicaranse nesta misma páxina web.