Desde o IES Luís Seoane iniciamos o proceso de selección do alumnado que formará parte da mobilidade de curta duración do curso 25-26 baixo o programa Erasmus+ no que o IES Luís Seoane está inmerso. Esta mobilidade será ofertada ao alumnado de 3º da ESO no presente curso académico na localidade de Nimega (Países Baixos).
O obxectivo desta mobilidade é brindar ao noso alumnado unha experiencia enriquecedora, que combina a aprendizaxe académica coa inmersión cultural.
Compre mencionar tamén que todos os gastos derivados destas mobilidades están financiados na súa totalidade polo programa Erasmus+.
O alumnado interesado en participar nestas mobilidades deberá superar un proceso de selección. Co fin de garantir a transparencia do proceso, a continuación figuran os criterios de selección. Os resultados do proceso publicaranse nesta misma páxina web.


