Desde o IES Luís Seoane procedemos a informar dos criterios de selección do alumnado que formará parte da mobilidade de curta duración do curso 25-26 baixo o programa Erasmus+ no que participa o IES Luís Seoane. Esta mobilidade será ofertada ao alumnado de 1º de BACH no presente curso académico na localidade de Buzau (Rumanía).
O obxectivo desta mobilidade é brindar ao noso alumnado unha experiencia enriquecedora, que combina a aprendizaxe académica coa inmersión cultural.
Compre mencionar tamén que todos os gastos derivados destas mobilidades están financiados na súa totalidade polo programa Erasmus+.
O alumnado interesado en participar nestas mobilidades deberá superar un proceso de selección que, co fin de garantir a transparencia do proceso, farase en base as seguinte criterios de selección. Os resultados do proceso publicaranse nesta mesma páxina web.


