IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

Criterios de selección para actividades de aprendizaxe por observación (jobshadowing): Scandiano, Italia (2025-2026)

Desde o IES Luís Seoane iniciamos o proceso de selección do profesorado interesado en participar nunha actividade de aprendizaxe por observación baixo o programa Erasmus+ no que o IES Luís Seoane está inmerso. Esta mobilidade terá lugar no instituto de educación secundaria Piero Gobetti de Scandiano, Italia. Terá unha duración de cinco días, do 12 ao 16 de xaneiro de 2026.

Durante este semana, o profesorado visitará o citado instituto e poderá asistir a clases ligadas a súa especialidade. Poderá así ter a oportunidade de aprender as dinámicas de ensino-aprendizaxe dun centro de ensino estranxeiro, así como o seu modelo educativo de centro.

Compre mencionar tamén que os gastos de viaxe e aloxamento derivados desta mobilidade están financiados na súa totalidade polo programa Erasmus+.

O equipo Erasmus do centro fará un proceso de selección de DUAS PRAZAS entre o profesorado interesado en participar nesta actividade de aprendizaxe por observación. Co fin de garantir a transparencia do proceso, a continuación figuran os criterios de selección. Os resultados do proceso publicaranse nesta misma páxina web. 

Criterios de selección do personal para a actividade de Job Shadowing