IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

ALERTA METEOROLÓXICA PARA O LUNS 26 DE XANEIRO

A AEMET e Meteogalicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel VERMELLO por CHUVIA ACUMULADA EN 12H en Pontevedra (Interior), e de nivel LARANXA por CHUVIA ACUMULADA en Ourense (Noroeste, Miño e Sur) das 08:00h do 26/01/2026 ata as 00:00 do 27/01/2026.

O aviso non afecta ao IES Luís Seoane agás ao alumnado de FP residente en concellos do interior.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE CLASES E TRANSPORTE ESCOLAR na xornada do 26 de xaneiro de 2026 na provincia de Pontevedra (Interior).

2. A SUSPENSIÓN da actividade no exterior na xornada do 26 xaneiro do 2026 en Ourense (Noroeste, Miño e Sur)

Por tanto o Alumnado de FP que resida en concellos pertencentes á zona meteorolóxica de “Interior de Pontevedra”, onde se decretou a suspensión de transporte escolar e clases, as faltas de asistencia estarán xustificadas.

Os concellos afectados do interior son os seguintes:

  • Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.