IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

Aviso de finalización do prazo de solicitude de bolsas MEFP curso 26/27

O Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes publicou no BOE do 25 de marzo de 2026 a convocatoria das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026‑2027, dirixidas a estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

O prazo de solicitudes é do 7 de abril de 2026, ás 08:00 horas, ata o 18 de maio de 2026, ás 15:00 horas, a través da Sede electrónica do Ministerio: https://sede.educacion.gob.es/ ou en https://www.educacionfpydeportes.gob.es/portada.html

Este prazo é único, xa que non haberá outro con posterioridade a este, de aí a importancia de facer a solicitude no prazo establecido.