Lembramos a todas as familias que para autorizar a recollida dun/ha menor por unha persoa diferente do pai, nai ou titor/a legal, débese entregar previamente en Conserxería o formulario de autorización indicando nome completo e DNI das persoas autorizadas.
Sen este documento, o persoal de Conserxería non pode permitir ao/á menor abandonar o centro.
O formulario está á vosa disposición na páxina web do centro, na sección Información Curso 23/24, e na propia Conserxería.
Agradecemos a vosa compresión e colaboración.