
O IES Luís Seoane ofrece a partir deste ano 2025 a posibilidade de acreditar as competencias profesionais da familia de Administración e Xestión.
Aquelas persoas que teñan experiencia laboral e/ou formación non formal, poden optar ao procedemento de acreditación de competencias.
Para informarse sobre o procedemento e os requisitos, recomendamos visitar a páxina web https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita
A solicitude de participación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica cubrindo previamente os datos no sistema de información ACREDITACION, desde onde se xerará o formulario normalizado que deberá presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia. Nesta aplicación poden atopar as unidades de competencia propias da familia de Administración e Xestión adscritas ao CIFP Carlos Oroza, que é o centro administrativo, aínda que as comisións de asesoramento e avaliación están no IES Luís Seoane.
En caso de dúbida poden contactar co instituto no email ies.luis.seoane@edu.xunta.gal e concertaremos unha cita para axudar en todo o proceso.