As persoas que teña unha praza adxudicada na aplicación ciclos admisión poden confirmar a súa matrícula de dúas maneiras:
1 Acudindo ao centro presencialmente dentro do prazo de matrícula de cada adxudicación coa documentación necesaria:
- Título de acceso (orixinal ou copia compulsada)
- Copia do DNI
- Dúas fotografías tamaño carnet
- Xustificante de pago do seguro escolar (están exentos os maiores de 28 anos)
Datos para o pagamento: Transferencia bancaria ou ingreso en oficina ABANCA Importe: 1,12 € IBAN: ES51 2080 5478 8830 4010 2812
2 Facendo clic na opción reservar e logo confirmar reserva na propia aplicación ciclos admisión. Neste caso poderán aportar a documentación ao longo do mes de xullo ou durante a primeira semana de curso.
Para ter claras as datas do proceso de admisión podes consultar o calendario de admisións
PRAZAS LIBERADAS
Xa se poden consultar as prazas liberadas no enlace da web de fp
Para matricularse dunha praza liberada podes acudir presencialmente ao centro de 9.00 a 14:00h coa mesma documentación mencionada arriba.

