IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

ACLARACIÓNS MATRÍCULA FORMACIÓN PROFESIONAL 25/26

Cando realice a solicitude a través da aplicación Ciclos Admisión, se vostede iniciou os seus estudos segundo o plan formativo anterior (ata o curso 23/24 modalidade ordinario, ou 24/25 modular), é moi importante que coñeza o seguinte:

Ten dereito —e recoméndase facelo así— a rematar os seus estudos segundo o plan formativo anterior, é dicir, seguindo o plan formativo que estaba vixente cando comezou o ciclo. Isto significa que non é preciso que se matricule nos novos módulos:

  • Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
  • Itinerario persoal para a empregabilidade II
  • Dixitalización aplicada aos sectores produtivos
  • Proxecto intermodular
  • Habilidades comunicativas en lingua estranxeira
  • Afondamento nas competencias profesionais

Tanto se está nun ciclo medio como superior.

No caso de ter pendente o módulo de Inglés (160 horas), deberá matricularse do seguinte módulo:

  • Inglés profesional

Como este módulo son só 60 horas, a consellería determinará máis adiante se é preciso realizar algunha actividade adicional para garantir a esquivalencia co inglés de 160 horas.

Se lle queda pendente FOL, deberá matricularse en:

Itinerario persoal para a empregabilidade I.

No que respecta ás prácticas en centros de traballo tamén se mantén o mesmo sistema que no plan formativo anterior, é dicir, se realizan unha vez aprobados todos os módulos, xunto co proxecto de fin de ciclo. No réximen ordinario se poden realizar na quenda abril-xuño, e en modular na quenda septembro-decembro como moi cedo.

Para calquera dúbida, pode poñerse en contacto co centro.