IES Luís Seoane

Rúa Luxemburgo Nº 1
36162, Monte Porreiro, Pontevedra
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal

Aclaracións matrícula ciclos FP e prazas liberadas

As persoas que teñan unha praza reservada na aplicación ciclosadmisión e que non estaban matriculadas o curso pasado no IES Luís Seoane teñen que vir ao centro para formalizar a matrícula, durante as primeiras semanas de setembro e en horario de 9:00 a 14:00 h. A matrícula non se pode formalizar por correo electrónico.

Documentación que hai que traer

  • Título de acceso Orixinal ou copia compulsada
  • Copia do DNI
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • Xustificante de pagamento do seguro escolar Están exentas as persoas maiores de 28 anos

Prazas liberadas

As prazas liberadas pódense consultar na web da Formación Profesional da Consellería, que se actualiza en tempo real a medida que se van liberando ou reservando.

Consultar as prazas liberadas

Para matricularse nunha praza liberada hai que vir igualmente ao centro, de 9:00 a 14:00 h, coa mesma documentación indicada arriba.

Importante

A orde de adxudicación destas prazas é exclusivamente por orde de chegada.